← Volver atrás

González Rodríguez, Francisco

Alcume: o Rabioso
Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Golpista. Represor

Nacemento:

Madrid
- 24/01/1883 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ferreira de Pantón
(Lugo)

Biografía

Garda civil, 53 anos. Casou en Vigo (Pontevedra) no ano 1909 con María-Purificación Pérez; tiveron unha filla e un fillo: María-Luisa e Carlos. Veciños de Vigo. Incorporouse ao colexio de gardas mozos aos once anos. Tenente da Garda Civil, fillo dunha galega e dun garda civil. No ano 1901 xa obtivo o despacho de garda civil e enviárono á comandancia de Pontevedra, con destinos en Ponte Caldelas e San Mamede de Guillarei, Tui; en 1906 pasou a Vigo. Pasou por diferentes destinos en España e fóra do país.

Durante o reinado de Alfonso XIII recibe xa condecoracións polas súas “rabiosas” persecucións na folga de 1917. Significado represor do movemento obreiro en Tui (Pontevedra), acadou numerosas queixas.

Participou en Vigo na represión da folga xeral de outubro de 1934.

No mes de abril de 1936, xa co grao de tenente desde xaneiro de 1931, trasladárono en abril de 1936 á comandancia de Zamora por reaccionario e monárquico e logo a Xaén, aínda que o día 08/06/1936 concédenlle unha comisión de servizo en Pontevedra.

Golpista. Represor.

Despois do alzamento rebelde, na que tivo destacada actuación, participou na organización e a execución do operativo represivo en Vigo, figurando á fronte das forzas fascistas que venceron a resistencia popular. Como premio nomeárono delegado de Orde Pública na cidade viguesa.

Dirixiu centos de investigacións, ordenou e levou a cabo detencións, participou nas sacas de presos e na súa posterior execución, implicouse de xeito directo nas torturas e mandou varios pelotóns de fusilamento. O seu mandato correspondeuse cos meses máis duros da represión franquista na comarca de Vigo, dando a máis lectura ás listaxes das persoas que ían a ser paseadas do cárcere do frontón da rúa María Berdiales, en Vigo. Un autentico represor paralegal coa participación directa en moitos asasinatos.

Cesárono no cargo de responsable de Orde Pública en febreiro de 1937, ascendérono a capitán o día 08/02/1937 e destinárono á comandancia de Córdoba. Probablemente a súa caída en desgraza débese a estar relacionado coa trama mafiosa que lideraba o director da Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra), Fernando Lago Búa.

Concédenlle o retiro definitivo o 16/10/1938 e volveu a Vigo; semella que co tempo marchou a Ferreira de Pantón.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.