Nacemento:
Morte:
Sindicalista e político, 53 anos. Casado con Natividad Rodríguez; tiveron varios fillos, dos que sobreviviron catro: Pilar, María, Antonio e Manuela. Veciños de Pumares, San Clodio de Ribas de Sil.
Cando tiña 20 anos emigrou a Cuba e despois a Nova York. Regresou a Galicia e ao pouco volveu a América para traballar na construción do Canal de Panamá. Ata o ano 1931, cando se establece definitivamente en Pumares, a súa vida foi unha constante viaxe da súa terra cara a emigración, na busca de cartos para manter a súa familia.
Militante da UXT.
Paseado.
Despois do golpe de Estado prendérono e ingresárono no depósito de Quiroga (Lugo) o día 04/09/1936, de onde o sacaron os falanxistas o día 6 seguinte para pasealo.
Morte rexistrada por disparos de armas longas de fogo a cargo dos pistoleiros falanxistas, no quilómetro 50 da estrada Nadelas-Campos de Vilas, no campo coñecido como A Bernarda, no lugar de Fornelas.
Soterrárono nunha fosa común no cemiterio de Fornelas.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.