← Volver atrás

González Salgado, Eleuterio

Alcume: Leuter
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado. Sancionado

Nacemento:

Ourense
- 18/04/1899 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ourense
- 29/03/1977 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre e político, 37 anos. Veciño de Ourense. Estudo Maxisterio na Escola Normal de Ourense. Mestre nacional de San Cristovo de Quereño, Rubiá (Ourense) e, máis tarde, nos centros León XIII e Concepción Arenal en Ourense cidade. Co-fundador da Caixa de Aforros de Ourense en 1933. Presidente da Cruz Vermella de 1935 a 1936.

Pertenceu ao Seminario de Estudos Galegos (SEG) desde 1926 e ás Irmandades da Fala.

Militante do Partido Nacionalista Republicano de Ourense (PNRO) e, con posterioridade, do Partido Galeguista (PG). Concelleiro de Ourense en 1931, deputado provincial e membro da Comisión Xestora da Deputación Provincial de Ourense.

Colaborador de Nos, A Nosa Terra, La Zarpa, Heraldo de Galicia...

Depurado. Sancionado.

Despois do golpe militar tivo que deixar a política, depurárono do maxisterio e desterrárono a Vilamarín (Ourense), onde deu clases ata 1945. Deixou o ensino para traballar na empresa de ferrocarrís Transfesa.

Reincorporouse a ensinanza e xubilouse a mediados dos anos sesenta.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1958.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha