Nacemento:
Morte:
Político, 43 anos. Veciño de San Xoán do Freixo, As Pontes de García Rodríguez.
Militante do PSOE e concelleiro das Pontes de García Rodríguez en 1936 pola Fronte Popular (FP). Desenvolve este cargo cando se produce o golpe de Estado de xullo.
Tiña como compañeiro de corporación a José Vilaboy Pajón (que fora alcalde ata xuño), encarcerado e que era do Partido Agrario (PA).
Executado.
Prendérono os falanxista na súa casa, igual que a Joaquín Antón Rodeiro, Manuel Franco Bermúdez e outras tres persoas máis que lograron fuxir tirándose da camioneta na que os trasladaban para pasealos.
Francisco, Joaquín e Manuel pasaron a noite no grupo escolar das Pontes de García Rodríguez e asasináronos na Capela.
Morte rexistrada nas Pontes de García Rodríguez e inscrita polo delegado militar de Orde Pública.
Fusilado con Joaquín Antón Rodeiro e Manuel Franco Bermúdez, todos eran das Pontes de García Rodríguez.
Soterráronos nunha fosa común no cemiterio de Santiago da Capela, A Capela.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.