← Volver atrás

Guitián López, José-Benito

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado. Encarcerado. Depurado

Nacemento:

San Paio de Mosteiro, Bóveda
(Lugo)
- 01/01/1910 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido
- 01/01/2001 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre, 26 anos. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Ourense, na que ingresou no ano 1931. Mestre de Vilariño, Nosa Señora das Neves de Nogueira, Ribas de Sil (Lugo).

Presidente da Asociación de Mestres Interinos e Substitutos de Lugo desde abril de 1935.

Militante do PSOE e da Asociación de Traballadores da Ensinanza de Ourense (ATEO).

Exiliado. Encarcerado. Depurado.

En setembro de 1938 alistouse no exército golpista para evitar a persecución política e, na fronte de León, pasouse ao bando leal. Formou nas Milicias de Cultura da 72ª División do XVIII Corpo de Exército do Exército do Centro.

Cando rematou a guerra civil pasou a Francia e ingresárono no campo de concentración de Saint-Cyprien (Pireneos Orientais, Occitania, Francia).

Máis tarde exiliouse en México, onde casou en Cidade de México, en decembro de 1942, con Araceli Proal Vázquez; tiveron dous fillos: José-Benito e Leopoldo-Manuel.

No ano 1943 separárono do servizo e dérono de baixa na escala de mestres.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha