Nacemento:
Morte:
Panadeiro e sindicalista, 32 anos. Casou en 1928 con Teresa López Gómez. Veciños da rúa San Vicente, na Coruña. Irmán de Benjamín Hermida Iglesias, exiliado.
Anarcosindicalista da CNT. Presidente do Sindicato de Panadeiros e secretario en 1933 da Federación Local Obreira (FLO). Presidente do Gremio de Pescadores. Socio do Centro de Estudos Sociais Germinal.
Detivérono na folga de maio de 1933 con outros cenetistas.
Fuxido. Exiliado. Encarcerado.
Juan figuraba nun informe da Dirección Xeral de Policía “como individuos peligrosos que aún no fueron capturados... huidos o desaparecidos de la localidad, cuyo paradero se desconoce”.
Tamén figura, con outros, nun segundo informe da Dirección Xeral de Policía “como individuos peligrosos que aún no fueron capturados, que se sepa en este Departamento, pueden citarse los siguientes, huidos o desaparecidos de esta localidad, cuyo paradero se desconoce”.
Ao comezar a guerra agóchase en Arteixo e, desde A Coruña, foxe nun barco ata o Principado de Asturias.
Xulgado en consello de guerra na Coruña co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Despois de pasar uns anos exiliado en Francia regresa no ano 1945 e preséntase ás autoridades militares franquistas e quedou á súa disposición.
Detivérono en marzo de 1947 por estar complicado nunha organización comunista.
Xulgado en consello de guerra na Coruña co resultado de sentenza a 12 anos de prisión.
Logo de pasar uns anos na cadea en El Dueso, Santoña (Cantabria), indultárono a mediados dos anos cincuenta.
Con posterioridade, arréstano constantemente sen procesamento, especialmente cando visita a cidade algunha autoridade relevante do Réxime.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.