← Volver atrás

Hermo Vidal, Manuel

Alcume: Molinera
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

A Pobra do Caramiñal
(A Coruña)
- 01/01/1891 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Boisaca, Santiago de San Caetano, Santiago de Compostela
(A Coruña)
- 16/04/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Viaxante e político, 45 anos. Casado; tiñan sete fillos. Veciños da Pobra do Caramiñal.

Militante de Esquerda Republicana (ER). Concelleiro da Pobra do Caramiñal en 1931 e 1932 polo PSOE. Era 1º tenente de alcalde da Pobra do Caramiñal en 1936, tamén polo PSOE; alcalde en funcións cando se produce o golpe de Estado de xullo de 1936.

Tivo como compañeiros na Corporación da Pobra do Caramiñal de 1936, entre outras persoas, a: Antonio Pérez Gómez (o alcalde), fuxido; Manuel Ouviña Fernández, encarcerado.

Executado.

Detido na Pobra do Caramiñal o día 07/01/1937 e torturado de xeito brutal polos falanxistas. Trasladárono a Santiago de Compostela (A Coruña) o seguinte 13/01/1937.

Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela (A Coruña) o día 20/03/1937 polo delito de rebelión, na causa 13737, co resultado de sentenza á pena de morte.

Fusilado no cemiterio de Boisaca.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha