← Volver atrás

Huici Fernández, Luis

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

Bardallur
(Zaragoza)
- 01/01/1896 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Santa María de Pastoriza, Arteixo
(A Coruña)
- 20/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Xastre, pintor, debuxante, caricaturista, gravador e escritor, 40 anos. Casado con Aurora Carreras Cao. Veciños da rúa Cantón Pequeno, 1, entresollado, na Coruña. Residía na cidade herculina desde 1920 tras da morte do seu pai, galego e farmacéutico, despois de vivir coa súa nai en Oviedo (Principado de Asturias) e onde aprendeu o oficio de xastre.

Estudou Filosofía e Letras. A súa casa era centro de reunión de eruditos como Luis Seoane, Urbano Lugrís, Francisco Miguel ou Álvaro Cebreiro. Propietario da Xastrería Huici-Freire y Compañía, logo Huici-Feal e máis tarde, de xeito independente, de Xastrería Huici; puxo de moda en Galicia o Corte Huici. Integrouse por completo na sociedade cultural da Coruña e de Ourense.

Socio do Centro de Estudos Sociais Germinal, do que acadou a presidencia do 02/03/1932 ao 13/01/1933.

Militante e vicepresidente, nomeado o 16/12/1935, de Esquerda Republicana (ER); axañista. Presidente do Grupo de Amigos das Artes Novas. Fundador do primeiro cine-club da cidade da Coruña. Dirixente do grupo libertario Germinal.

Redactor do xornal El Noroeste da Coruña. As súas obras publicáronse en La Zarpa, Vida, Galicia, Tonel, Luz e Alfar.

O día 07/06/1936 participou no mitin do Teatro Rosalía de Castro a favor do Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG).

Apoderado da Fronte Popular (FP) nas eleccións de febreiro de 1936.

Paseado.

Luis figura, con outros, nun informe da Dirección Xeral de Policía “como individuos peligrosos que aún no fueron capturados, que se sepa en este Departamento, pueden citarse los siguientes, huidos o desaparecidos de esta localidad, cuyo paradero se desconoce”.

Detido por varios falanxistas cando estaba cuns amigos no Café Unión, na praza de Pontevedra, na Coruña e levárono detido ao local de Falanxe, na rúa Juana de Vega coruñesa. Nas vinte e catro horas seguintes asasinárono. Un dos que o pasearon era un xastre ao que lle facía a competencia. Torturárono ata a morte.

Morte rexistrada a causa dunha hemorraxia interna nun piñeiral de Bens, no lugar de Mazaído, Pastoriza, na Coruña.

O seu cadáver apareceu preto de Pastoriza, xuntos cos cadáveres de: José Sésar Vázquez, Ricardo Pernas Martínez, Manuel García Nogueira, Francisco Martínez...

Soterrárono o día 20 de agosto nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con Ricardo Pernas Martínez e José Sésar Vázquez. O día 25/08/1936 a súa viúva puido trasladalo a un nicho.

Algunhas testemuñas indican que lle serraron as mans.

A súa viúva Aurora, completamente arruinada, fuxiría a Estados Unidos pouco despois.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.