← Volver atrás

Iglesia Parga, Ramón

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado

Nacemento:

Santiago de Compostela
(A Coruña)
- 03/07/1905 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Madison, Wisconsin
(Estados Unidos)
- 05/05/1948 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Historiador, bibliotecario, editor e tradutor, 31 anos. Estudou Filosofía e Letras na Universidade Central de Madrid, que rematou en 1926. Desde 1925 traballou no Centro de Estudos Históricos en Madrid. Conferenciante en distintas universidades de distintos países e foi profesor universitario. Regresou a España en 1930 e no ano 1931 ingresou por oposición no Corpo Facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos; traballou na Biblioteca Nacional en Madrid. Formou parte da directiva do Ateneo de Madrid.

Colaborou en varias revistas, como Revista de Occidente, La Gaceta Literaria e Cruz y Raya.

Militante do PCE.

Exiliado.

No decorrer da guerra civil incorporouse ao exército republicano como oficial de Artillería, logo capitán de Estado Maior e comandante nas Brigadas Internacionais; pasou pola Fronte Norte e pola do Ebro.

Ao remate da contenda pasou a Francia e marchou ao exilio en México, a onde chegou no buque Sinaia; alí traballou como tradutor, profesor universitario e colaborou con varias revistas.

Profesor en varias universidades de Estados Unidos entre 1945 e 1947, onde se trasladara no ano 1942 e onde se suicidou.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha