Nacemento:
Morte:
Canteiro, sindicalista e político, 54 anos. Casado en San Xurxo de Codeseda, A Estrada (Pontevedra). Estivo emigrado nos Estados Unidos.
No ano 1901 fundou a Sociedade Agraria e Gandeira de Forcarei e a Sociedade de Labregos e Oficios Varios La Igualdad de Presqueiras, da que era secretario en 1915.
Candidato polos socialistas e concelleiro xa no ano 1922. Militante do PSOE e da UXT. Concelleiro de Forcarei na II República, de 1931 a 1936.
Na folga xeral revolucionaria de outubro de 1934 detivérono, ingresárono na cadea en Pontevedra e puxérono en liberdade en decembro.
Encarcerado. Sancionado.
Despois do golpe de Estado perseguírono os franquistas e detivérono en Codeseda o día 22/07/1936.
O crego falanxista de Santa María Madanela de Montes, Forcarei, comandou un grupo de gardas civís e gardas cívicos que rexistraron a súa casa e atoparon “documentación socialista”.
Xulgado en consello de guerra en Pontevedra o día 20/01/1937 polo delito de rebelión militar, na causa 525/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua e inhabilitación absoluta.
Salvouno da pena de morte a testemuña do cura e canteiro de Presqueiras Manuel Fraiz Garrido.
Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).
Trasladado ao penal do Forte de San Cristóbal, Pamplona (Navarra), onde ingresa o 17/10/1937, despois de pasar cinco días na Prisión Provincial de Pamplona.
Enviado á Colonia Penitenciaria de El Dueso, Santoña (Cantabria) o 17/05/1939.
Pena ordinaria conmutada na comisión de exame de penas de Pontevedra pola de tres anos de prisión menor o día 12/12/1942.
Abríronlle un expediente por responsabilidades políticas no ano 1938 e pagou a sanción en 1943.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.