Nacemento:
Morte:
Mestre e político, 43 anos. Casou en Arbo (Pontevedra) en 1930 coa tamén mestra María-Lourdes Rodríguez Tovar, depurada. Veciños de Santo Estevo de Noalla, Sanxenxo (Pontevedra). Estudou Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra. En decembro de 1924 era mestre interino en San Bartolomeu de Xesta, A Lama (Pontevedra); aprobou as oposicións e nomeárono mestre de Santo Estevo de Noalla, Sanxenxo (Pontevedra) en abril de 1925.
Presidente de Esquerda Republicana (ER) en Sanxenxo, elixido en xaneiro de 1936.
Depurado. Encarcerado.
Despois do alzamento os rebeldes suspendérono de emprego e soldo e prendérono. Remataron por dalo de baixa na escala de mestres.
Xulgado en consello de guerra en Pontevedra o día 19/01/1937 polo delito de auxilio á rebelión, na causa 832/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua.
Procesárono co tamén mestre Estanislao-Víctor Torres Pérez.
Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).
Trasladado ao penal do Forte de San Cristóbal, Pamplona (Navarra), onde ingresa o 15/07/1937.
Enviado á Prisión Central de Figueirido (Pontevedra) o 25/04/1939.
No ano 1942 chegou ao Destacamento Penal das Minas de Silleda (Pontevedra), de onde saíu en liberdade provisoria en 1944.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.