← Volver atrás

Jaso González, Enrique

Alcume: Enriquiño
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado. Desaparecido

Nacemento:

Vigo
(Pontevedra)
- 01/01/1916 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Bouza do Curuta, Mondañedas de Fornelos, Santa Mariña do Rosal, O Rosal
(Pontevedra)
- 12/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Empregado, 20 anos. Veciño de Tui. Cuñado do anarquista José Alonso Martínez, Pepe o Negro, detido e executado. Fillo de Enrique Jaso Paz, executado, e irmán de Evangelina Jaso González, fusilada.

Militante da CNT. Republicano.

Paseado. Desaparecido.

Prendérono os franquistas despois do golpe de Estado. Sacárono da cadea uns falanxistas e dous gardas civís, paseárono e asasinárono, con outro compañeiro descoñecido, na Bouza do Curuta. Os corpos apareceron con tiros na sen. Leváranos ata o lugar do asasinato nunha camioneta da panadería de Recaredo, do Curuto, San Lourenzo de Salcidos, A Garda (Pontevedra), que requisara o exército dos rebeldes.

Outras fontes manteñen que o pasearon en agosto de 1936 sen que quedara rastro documental e outras que o asasinaron preto de San Miguel de Tabagón, O Rosal.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha