Nacemento:
Morte:
Practicante e político, 44 anos. Casou con María Arca Guerra; tiveron unha filla: Encarna (+1941). Veciños de Santiago de Compostela. Irmán de Juan Jeremías Montero, exiliado. Rematou os estudos de practicante no ano 1926. Practicante municipal de Santiago de Compostela durante a II República, en setembro de 1931.
Militante de UXT. Vogal en 1931 do Centro Republicano de Santiago de Compostela. En 1932 é tesoureiro do Comité Republicano Federal de Esquerda Gallega (EG). Co tempo militou na Vangarda de Esquerda Republicana (VER).
Fuxido. Encarcerado.
Cando se produce o golpe militar andou fuxido polos montes de A Maía (Ames, Brión, Rois) e, logo, prendérono os rebeldes no ano 1937.
Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela o día 20/03/1937 polo delito de auxilio á rebelión, na causa 202/37, co resultado de sentenza a nove anos de prisión.
Acusárono de animar aos gardas civís para botarse ás rúas e asaltar o cuartel de Artillería de Santiago de Compostela; na realidade esta incitación correra a cargo do seu irmán Juan.
Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas da Coruña.
Interno na Prisión Central de Santa Isabel, Santiago de Compostela, publicaron a súa liberdade condicional no BOE nº 218 do día 05/08/1940.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.