← Volver atrás

Jiménez Rodríguez, Francisco

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Executado

Nacemento:

Ferrol
(A Coruña)
- 01/01/1891 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ferrol
- 02/09/1939 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Obreiro, 45 anos. Casado con Josefa Gómez Mera, capataz portuaria e asasinada o 23/09/1936; tiñan dous fillos. Veciños de Ferrol. Obreiro da construción naval.

Militante do PSOE e da UXT. Dirixente da Agrupación Socialista (AS) de Ferrol, da que chegou a ser presidente. Secretario da Federación Comarcal do Ramo da Edificación, da UXT.

Formou parte do Comité Revolucionario durante a folga de outubro de 1934 polo que o encadearon ata o día 12/02/1936, data na que se realiza o seu consello de guerra e do que sae absolto. Esta folga tivo consecuencias que perduraron no tempo e cando se produciu o golpe dos militares, fusilárono.

Fuxido. Executado.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Capturado polos franquistas.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza á pena de morte.

Fusilado no Arsenal de Ferrol.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha