← Volver atrás

Julián López, Carmen

Alcume: Carmiña
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Vítima colateral

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Casada co xornalista e político Víctor Casas Rey, fusilado; tiveron cinco fillos dos que sobreviviron unha filla e un fillo á morte do seu pai: Victoria (5 anos) e Víctor (9 meses). Veciños de Pontevedra.

O seu home foi viaxante da fábrica Calzados Senra na Coruña ata o seu peche, motivo polo que se trasladan a Pontevedra. Víctor fora membro das Irmandades da Fala na Coruña e impulsor da Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA) no ano 1929; tamén participou no Pacto de Lestrobe e era militante do Partido Galeguista (PG).

Vítima colateral.

Víctor formou parte do grupo que organizou a resistencia contra os sublevados no Goberno Civil de Pontevedra, onde permaneceu os días 18 e 19 de xullo, prendérono o 02/08/1936, xulgárono e fusilárono na Caeira, San Salvador de Poio, Poio (Pontevedra) o día 12/11/1936 con outras oito persoas.

Ás familias dos nove asasinados impuxéronlles unha multa mancomunada de un millón de pesetas, embargándolles os bens e propiedades.

Carmen marchou para Madrid e traballou de caixeira da sucursal, que tiña na capital a Peixería Coruñesa. Nunca volveu casar.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha