← Volver atrás

Justo Velo, Carlos

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

Ribadavia
(Ourense)
- 01/01/1911 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Cañiza
(Pontevedra)
- 06/09/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Practicante e político, 25 anos. Veciño de Castrelo de Miño (Ourense). Estudou para practicante en Santiago de Compostela (A Coruña), estudos que rematou no ano 1933. Practicante de Castrelo de Miño.

Paseado.

Despois do alzamento militar prendérono os rebeldes e paseárono. Os falanxistas, que dirixía o cura de Cartelle (Ourense), buscárono na súa casa, escapou polo tellado, ferírono nunha perna, collérono e subírono a un camión que requisaran; nunha parada do camión deuse en fuga e agochouse na casa dun tío en San Paio de Ventosela, Ribadavia (Ourense), o tío denuncioune diante da Falanxe, capturárono e asasinárono.

Morte rexistrada na Cañiza por mor dunha hemorraxia interna por perforación da aorta.

O seu cadáver apareceu no Alto do Mesón de Oroso, na Cañiza.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha