Nacemento:
Morte:
Alcalde pedáneo de Cabral.
Falanxista de Cabral e confidente da Garda Civil.
Represor. Axustizado.
Membro dun grupo de paramilitares, que aterrorizaban a zona, e alcalde pedáneo. Perxuro do comunismo e falanxista para matar e enriquecerse; tamén era comerciante e un dos principais responsables da represión na súa parroquia. Lugartenente e brazo executor do maior represor de toda a zona, Fernando Mariño, o dos Caducos.
Represor franquista dos seus veciños, con José Novas Currás, o Meira. Coincidiu nestas labores represoras co Cordobés, o Chino, o Mingos, os Velosos, o Cuco, Manolito da Mirlota, os Carbineiros ou os Baos.
Por estas facetas serían varios os grupos armados antifascistas que atentaron contra a súa vida.
O día 30/01/1947 membros do Destacamento Paco Barreiro executárono nunha popular taberna do Carballal, coñecida como a do Marqués. Eusebio entrou acompañado por dous veciños, Ángel Bastos González, Pisas, e Juan Fernández Balado, Silviño, que logo o deixaron só. Ao local accederon dúas persoas armadas con pistolas e dispararon sobre Eusebio Lago Campos. Por mor desta execución houbo detencións masivas de familiares e persoas vencelladas á loita antifranquista.
Os executores de Eusebio foron: Avelino Otero Montes, Avelino, e Manuel Simón Campos, Xanote, do Destacamento Paco Barreiro, da V Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG).
Os fascistas convertérono nunha referencia do martiroloxio en Vigo e os guerrilleiros acusárono de asasino, de denunciar antifranquistas e de roubar as colleitas aos labregos.
Polo seu axustizamento abriuse no Tribunal Militar Territorial de Vigo a causa 75/47.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.