← Volver atrás

Lago Couceiro, Carlos

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado. Depurado

Nacemento:

San Cristóbal de la Laguna
(Santa Cruz de Tenerife)
- 31/10/1906 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Londres
(Inglaterra)
- 17/02/1990 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar e inventor, 29 anos. Casou en Barcelona, o día 06/08/1930, coa vilalbesa Blanca Tomé Alonso. Os seus pais, por liña materna e paterna, eran naturais de Betanzos (A Coruña), de familias podentes. Carlos naceu, por circunstancias laborais do seu pai, na Laguna, onde o seu proxenitor se desenvolvía por entón como xuíz de 1ª Instancia; era o noveno de dez irmáns.

Aos 16 anos, en 1923, ingresou na Academia de Enxeñeiros Navais; rematou os estudos co grao de tenente da Armada. No ano 1929 era enxeñeiro naval no cruceiro lixeiro Príncipe Alfonso, rebautizado como Libertad no ano 1931. Xa en 1930, co grao de capitán, nomeárono xefe da Comisión da Mariña en Europa, en Londres.

En 1931, despois da súa etapa de estudos no Reino Unido, incorporouse como docente no Colexio Naval de San Fernando, La Carraca (Cádiz). En 1932 participou na reparación do destrutor José Luis Díez. No ano 1933 exercía de enxeñeiro naval no Canal de Experiencias Hidrodinámicas de El Pardo. En xuño de 1935 ascendeu a comandante. En 1936 xa o recoñecían en Europa como un experto en armamento naval.

Exiliado. Depurado.

Despois do comezo da guerra civil desenvolveuse como profesor na base de submarinos de Cartagena (Murcia).

No decurso do ano 1937 os republicanos destinárono como agregado naval á embaixada española en Londres; cargo no que permaneceu ata que o depuraron os franquistas ao remate da contenda española, en 1939.

A súa familia sofre o embargo de moitos dos seus bens baixo o réxime franquista.

En agosto de 1938 viaxou de Londres a Xibraltar para encargarse, de novo, da reparación do José Luis Díez, danado en combate co cruceiro rebelde Canarias.

En xuño de 1941, durante a II Guerra Mundial, foi enxeñeiro naval de 1ª clase e xefe do Servizo Técnico de Construción de Armas Navais no Estado Maior de Mariña, do Alto Mando da Francia Libre, na capital inglesa; enxeñeiro principal desde 1943. En 1945 era agregado naval na embaixada francesa en Londres e participou en actos de achegamento entre as autoridades inglesas e francesas, xa que tiña o prace dos dous países. Amigo do xeneral galo De Gaulle. Participou na modernización de moitas unidades navais dos aliados, que lles acadaron éxitos nas accións militares.

A súa dona, por mor do réxime franquista, non chegou ao seu lado ata o ano 1946.

De 1950 a 1960 traballou no Secretariado de Construción e Armas Navais (SCAN). Permaneceu na agregaduría naval francesa en Londres ata a súa xubilación en 1974. Pasou 54 anos da súa vida en Londres, onde finou.

Officier da Orde do British Empire desde 1946; cabaleiro da Lexión de Honor francesa tamén desde 1946; en 1957 nomeárono oficial da Lexión de Honor da República Francesa.

 

 

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.