← Volver atrás

Lahoz Álvarez, Antonio

Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Morte en enfrontamento

Nacemento:

Toén
(Ourense)
- 01/01/1912 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Santa María de Areas, Ponteareas
(Pontevedra)
- 17/02/1938 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Obreiro, 24 anos. Veciño de San Lourenzo de Arnoso, Ponteareas. Irmán de Avelino Lahoz Álvarez, morto con el, e de María Lahoz Álvarez, procesada.

Fuxido. Morte en enfrontamento.

Despois do golpe de Estado foxe ao monte e organiza co seu irmán Avelino a partida dos Ernestinos.

Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Pontevedra na causa 1241/37 polo delito de deserción.

O día 10/02/1938 morren tres compoñentes da súa partida nun encontro coas forzas represoras no barrio da Bouciña, Santa Cristina de Lavadores, Vigo (Pontevedra).

Poucos días despois, nun enfrontamento coa Garda Civil, detiveron e asasinaron a Avelino, a Antonio e a outro compañeiro de partida. No enfrontamento morre o comandante do posto da Garda Civil de Ponteareas.

Morte rexistrada ás 07:00 h por mor de traumatismo por disparo de arma de fogo.

O seu cadáver apareceu en Areas co do seu irmán Avelino.

Procesárono por responsabilidades políticas en Pontevedra e indultárono no ano 1957.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha