← Volver atrás

Lamas Jueguen, Antonio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado. Encarcerado

Nacemento:

As Cortiñas, Vilaxoán, San Martiño de Sobrán, Vilagarcía de Arousa
(Pontevedra)
- 09/08/1912 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Sète
(Hérault, Occitania, Francia)
- 01/01/1989 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Carpinteiro e mariñeiro, 23 anos. Irmán de Manuel Lamas Jueguen, Laberca, encarcerado.

Exiliado. Encarcerado.

No momento da guerra civil mobilizouno o exército sublevado. Na fronte de guerra evádese ás tropas republicanas e combateu na Infantería de Mariña.

Ao remate da guerra pasa a Francia en febreiro de 1939.

No ano 1943 traballaba na fábrica Martinelli, que producía armamento para os alemáns.

Uniuse á resistencia francesa fronte aos nazis e o día 02/08/1943 prendeuno a Gestapo (policía secreta nazi) en Rabieux, Hérault, acusado de actividades cotra os nazis e de sabotaxes na fábrica onde traballaba.

Preso nos campos de Nimes (Occitania, Francia), de Compiègne (Oise, Alta Francia) e Buchenwald (Weimar, Alemaña), onde o ingresan o día 19/01/1944.

O día 11/04/1945 liberárono do campo de Buchenwald soldados americanos e repatriárono a Francia o día 25/05/1945, onde refai a súa vida, casou e tivo dous fillos.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha