← Volver atrás

Lamas Zarauza, Francisco

Alcume: Franki
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Boston (Estados Unidos), 1914. ?

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Operador de cinema, 22 anos. Solteiro. Veciño de Fene (A Coruña). Empresario de cinema en Fene, dono do Cine Lamas, que abrira o seu pai no ano 1928.

Militante das Xuventudes Socialistas (XXSS).

Encarcerado.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de rebelión militar, na causa 505/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

Pena de morte conmutada na comisión de exame de penas da Coruña pola de cadea perpetua grazas á intervención do cónsul de Estados Unidos.

Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

No ano 1938 estaba internado no penal do Forte de San Cristóbal, Pamplona (Navarra). Non quixo participar no intento de fuga masiva de maio de 1938 polo seu estado de debilidade.

Interno na Prisión Central de Santa Isabel, Santiago de Compostela (A Coruña), publicaron a súa liberdade condicional provisoria no BOE nº 76 do día 17/03/1943.

Cando saíu en liberdade volveu explotar o Cine Franlaza en Fene (A Coruña).

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha