← Volver atrás

Lastra Cancio, Germán

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

Negueira de Muñiz
(Lugo)

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Empregado e político. Veciño de Lugo. Contable da Compañía Arrendataria del Monopolio de Petróleos (CAMPSA).

Militante do PSOE. Secretario da Xunta Provincial de Colectividades Socialistas. Vogal-tesoureiro do Comité Executivo Provincial do Partido Republicano Radical Socialista (PRRS) en 1932. Organizador do Sindicato Xeral de Traballadores do Petróleo, vencellado á UXT. No ano 1936 foi xestor da Deputación de Lugo e do Concello de Lugo.

Secretario da Asociación da Prensa de Lugo en 1932. Colaborador dos xornais El Progreso e Vida Escolar.

Fuxido. Encarcerado.

Cando se produce o golpe dos sublevados militares achábase en Oviedo (Principado de Asturias). Levou á súa familia a Muñó, Siero (Principado de Asturias), á casa dunha parente e el reincorporouse á CAMPSA en Xixón (Principado de Asturias) ata a caída da fronte asturiana.

Agochado en Muñó durante un ano nun tobo debaixo do frega pratos. Despois dese tempo presentouse na comisaría e prendérono.

Xulgado en consello de guerra en Xixón (Principado de Asturias) no ano 1939, na causa 1193/38, co resultado de sentenza a prisión temporal.

Pasou 18 meses na cadea de El Coto, en Xixón.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1961.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha