← Volver atrás

Ledo Limia, Fernando

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Procesado. Exiliado

Nacemento:

Ousende, San Vicente de Coucieiro, Paderne de Allariz
(Ourense)
- 23/05/1896 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Panadeiro, 40 anos. Casado. Veciños de Ourense.

Membro do Sindicato de Panadeiros da UXT e da Agrupación Socialista (AS) de Ourense, na que desenvolveu cargos directivos. Delegado da Casa do Pobo e dirixente da Federación Local da UXT.

Elixido concelleiro da capital ourensá no ano 1931.

Fuxido. Procesado. Exiliado.

Despois do alzamento golpista acubillouse por dous meses na casa da súa irmá, logo fuxiu cara Celanova (Ourense), onde se agochou preto de cinco anos nun pallar propiedade do seu sogro en San Paio de Veiga, Celanova e, co tempo, nunha casa arrendada por un cuñado na mesma localidade.

Entregouse de xeito voluntario á Garda Civil de Celanova en novembro de 1945.

Xulgado en consello de guerra en Ourense polo delito de auxilio á rebelión, na causa 368/37, co resultado de sentenza de sobresemento.

No ano 1955 marchou a Brasil e logo a Uruguai. Regresou a España no ano 1969.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha