← Volver atrás

Lema Lobato, Mariano

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Procesado

Nacemento:

San Cristovo de Merín, Vedra
(A Coruña)
- 01/01/1902 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Propietario dun serradoiro e político, 34 anos. Veciño de Merín. Propietario do serradoiro o Chao de Cartas, en Merín, co seu irmán José Lema Lobato.

Concelleiro de Vedra en 1931 polo Partido Agrario Socialista (PAS). De novo concelleiro en 1932 pola Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA). Tamén concelleiro en 1935 polo Partido Republicano Independente (PRI). Elixido concelleiro e nomeado 2º síndico de Vedra no ano 1936 por Esquerda Republicana (ER); desenvolvía este cargo cando se produce o golpe de Estado de xullo de 1936.

Tiña como compañeiro na Corporación de Vedra de 1936, entre outras persoas, a Juan Gaiteiro Devesa, encarcerado.

Procesado.

Depuxérono como concelleiro e prendérono os sublevados.

Inculpado nun proceso militar en Santiago de Compostela (A Coruña) polo delito de rebelión, na causa 377/36, co resultado de sentenza de sobresemento e posto en liberdade ao igual que o seu irmán José.

O tribunal ditou auto de sobresemento neste procedemento para: Manuel Ferreiro Fernández, José Grela Espiño, José Lema Lobato e Mariano Lema Lobato.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha