Nacemento:
Morte:
Médico, 23 anos. Veciño de Santander. Licenciado en Medicina no ano 1936 pola Universidade de Santiago de Compostela (USC); especialista en doenzas respiratorias e tropicais. Médico da Fundación Valdecilla, en Santander.
Membro do Sindicato de Médicos, da UXT. Militante do PCE.
Encarcerado. Exiliado.
O golpe de Estado cólleo en Santander (Cantabria) na Universidade de Verán.
No decurso da guerra civil incorporouse á Sanidade Militar do exército republicano, primeiro no 11º Batallón Outubro, despois no equipo cirúrxico do Corpo de Exército de Estremadura e, por último, no Hospital Divisionario da 20ª Brigada Mixta, 37ª División do VII Corpo de Exército de Estremadura e da 20ª e 139ª Brigada Mixta que pasou por varias divisións e corpos de Exército; acadou o grao de capitán médico. Combateu nas frontes de Madrid, Andalucía, Aragón e no Ebro.
O día 12/02/1939 cruzou a fronteira francesa e ingresárono nos campos de concentración de Argelès-sur-Mer (Pireneos Orientais, Occitania, Francia) e Le Barcarès (Pireneos Orientais, Occitania, Francia).
Embarcou no Ipanema o día 12/06/1939, chegando a Veracruz (México) o 07/07/1939.
Exerceu a pediatría e a medicina xeral en México DF.
Regresou a España despois de que se establecera a democracia.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.