← Volver atrás

Lemos de los Reyes, Ángel

Alcume: o Rubio
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Vigo
(Pontevedra)
- 01/03/1917 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Estrada
(Pontevedra)
- 05/12/2002 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Pintor e escultor, 19 anos. Casado; tiñan cinco fillos. Aos 15 anos marchou cunha compañía teatral madrileña. Traballou a talla, a decoración de porcelana, a pintura, escribiu tres novelas, compuxo varias obras musicais e traballou no teatro.

Encarcerado.

Despois do golpe de Estado rematou mobilizado polo exército sublevado co que loitou en Brunete e Toledo; o día 19/07/1937 pasou ao bando republicano en Añover del Tajo (Toledo).

Despois pasou por varias cadeas franquistas, fuxiu e volveu a Vigo nun camión. Permaneceu agochado, pero para non comprometer amigos, presentouse ás autoridades golpistas en Ferrol e pasou tres anos preso e traballando para o Exército como tallista.

A presión das autoridades lévano ao exilio no ano 1950, cara a República Arxentina, viaxando agochado no Santa Fe.

No ano 1977 regresou a España coa segunda muller e tres novos fillos, instaláronse en Palma de Mallorca.

No ano 1986 trasladouse á Estrada (Pontevedra).

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha