← Volver atrás

Lloria Llovera, Federico

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Sancionado

Nacemento:

Sinarcas
(Valencia)
- 03/03/1902 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Valencia
(Valencia)
- 01/01/1995 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Médico, 34 anos. Casado coa poetisa Matilde González Palau, Matilde Lloria (Almansa, Albacete), poeta. Veciños de Valencia. Irmán de Roberto Lloria Llovera, encarcerado. Estudou Medicina en Valencia, acadando o título no ano 1931.

Republicano comunista do PCE.

Encarcerado. Sancionado.

Durante a guerra civil acadou o grao de tenente médico na Brigada Mixta do Instituto de Carabineiros.

Estivo no cárcere e en setembro de 1942 desterrárono a Nosa Señora de Lourdes da Manchica, A Merca (Ourense).

Existen fontes que sinalan que nos ano 1945 e 1946, como antifranquista, era membro do Comité Provincial do PCE en Ourense e secretario xeral no ano 1948.

Desenvolveuse como médico en Castelo de Miño, A Merca e Ourense ata o ano 1969 e, en varias ocasións, prestou os seus servizos a persoas da guerrilla antifranquista. En outubro de 1969 trasladouse a Valencia.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha