← Volver atrás

Lobeira Rodríguez, Antonio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado. Encarcerado. Desaparecido

Nacemento:

Marín
(Pontevedra)
- 01/01/1915 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Tiña 21 anos. Veciño de Montecelo, Nosa Señora do Carme de Seixo, Marín. Irmán de Gerardo Lobeira Rodríguez, fuxido, exiliado e desaparecido.

Militante da CNT.

Exiliado. Encarcerado. Desaparecido.

Prestou servizo contra os sublevados na Mariña republicana no Gure Izara e nos Gudaris Galegos no País Vasco xunto co seu irmán Gerardo.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de rebelión co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Ao remate da guerra civil pasa a Francia e internárono nos campos de refuxiadas de Saint Cyprien e no de Gurs. Loitou coa resistencia francesa fronte ao nazis. Prendérono as SS xunto co seu irmán.

Preso dos alemáns na II Guerra Mundial, levárono ao campo de exterminio de Gusen (Austria) onde se lle perde o rastro.

Semella que morre co seu irmán Gerardo loitando contra os alemáns; a traxectoria dos dous é idéntica.

A súa nai semella que morreu a resultas destas dúas desaparicións.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha