Nacemento:
Morte:
Mestre, 29 anos. Solteiro. Veciño de San Martiño de Cornoces, Amoeiro (Ourense). Estudou Maxisterio na Escola Normal de Ourense. Mestre nacional de Cornoces, onde exerceu durante cinco anos.
Membro da Federación de Traballadores da Ensinanza da UXT (FETE-UXT).
Encarcerado 25 días por mor da folga xeral revolucionaria de outubro de 1934.
Depurado. Encarcerado. Exiliado.
Prendérono os franquistas o día 21/07/1936.
Ábreselle un expediente de depuración co resultado de suspensión de emprego e soldo.
Xulgado en consello de guerra o día 23/04/1937 polo delito de traizón co resultado de sentenza á pena de morte.
Pena de morte que lle conmutaron e intercambiárono os franquistas en Luarca (Principado de Asturias) o día 04/10/1938, pasando á zona republicana de Barcelona. Prestou servizos nas Milicias da Cultura e na Artillería de Costa da Comandancia de Barcelona; afíliase a Agrupación Socialista (AS) barcelonesa.
Cruzou a fronteira cara Francia o día 10/02/1939 e ingresárono nos campos de concentración de Saint-Cyprien (Pireneos Orientais, Occitania, Francia) e Le Barcarès (Pireneos Orientais, Occitania, Francia).
O día 24/05/1939 embarcou no Sinaia e chegou a Veracruz (México) o día 13/06/1939.
En México traballou como axente de comercio, militou no PSOE e no ano 1947 casou con Laura Arreola Chávez.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.