Nacemento:
Morte:
Mestre, 24 anos. Veciño das Travesas. Mestre interino de Santo Adrán de Verdes, Coristanco (A Coruña) en 1931 e mestre nacional de Santiago de Louro desde outubro de 1934.
Militante da Federación de Traballadores da Ensinanza da UXT (FETE-UXT).
Depurado. Paseado.
Os franquistas acusárono de ser socialista e líder da Fronte Popular (FP).
Cesárono como mestre en agosto de 1936.
Incorporouse ao exército rebelde, acusárono de resistencia ao golpe militar e prendeuno a Garda Civil de Muros o 31/08/1936 en Santiago de Compostela (A Coruña); encarcerado en Muros. Os represores sinalaron que coñecía un depósito de armas e explosivos, trasladárono a Louro.
Morte rexistrada na Corredoira Fonda, en Louro, a mans da Garda Civil e dos falanxistas, que lle aplicaron a Lei de Fugas cando se botou a correr segundo as fontes fascistas, que seica lle deron o alto por tres veces. Semella que por mor da boa puntería presentaba dous tiros na cabeza, mortais de necesidade, feitos desde uns 80 metros.
O Tribunal Militar Territorial da Coruña abriu a causa 802/36 polo seu pasamento. O auditor de guerra concluíu que “los autores de la muerte actuaron en cumplimiento de su deber”, quedaron exentos de calquera responsabilidade e o caso desestimado de xeito definitivo.
Soterrárono nunha fosa común no cemiterio de Louro.
No ano 1940 depurárono e separárono de xeito definitivo do servizo.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.