Nacemento:
Morte:
Avogado, 29 anos. Solteiro. Veciño de Baralla (Lugo). Fillo do médico municipal da Fonsagrada. Estudou na Facultade de Ciencias da Universidade Central de Madrid. No ano 1930 volveu a Galicia e comezou a carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Lider obreiro e labrego; semella que simpatizaba con Esquerda Republicana (ER). Traballou nas Misións Pedagóxicas republicanas e foi secretario da Biblioteca Popular Circular de Santa María de Penarrubia, Baralla, da que era presidente o mestre Santiago Aloguín Roig.
Encarcerado.
Nos primeiros momentos despois do golpe militar agochouse na igrexa de San Xoán de Pedrafita de Camporredondo, Baralla, protexido polo cura párroco que era curmán seu. Logo acubillouse na casa dos seus tíos en Manán, San Salvador do Mato, Sarria (Lugo).
Prendeuno a Garda Civil o día 03/11/1938 e, ese mesmo día, internárono na Prisión Provincial de Lugo. Acusárono, co mestre Aloguín Roig, de ser republicanos e de ter como obxectivo a promoción da cultura entre as clases populares.
Xulgado no Tribunal Militar Eventual de Lugo, na causa 682/38, co resultado de sentenza de sobresemento. O instrutor do proceso foi o capitán de Infantería Antonio Aspiazu Tato.
Puxérono en liberdade o día 24/12/1938 e a disposición do delegado de Orde Pública.
Xa fóra da cadea mobilizárono por terceira vez, neste caso os rebeldes, ata o día 09/05/1939, data na que o licencian de xeito definitivo.
Internárono por segunda vez na Prisión Provincial de Lugo o 12/02/1946, interrogárono baixo tortura o 05/03/1946 e, o seguinte día 9, trasladárono á Prisión Provincial da Coruña.
Xulgado en consello de guerra no Tribunal Militar Territorial da Coruña o día 17/07/1946 polo delito de rebelión militar, na causa 75/46, co resultado de sentenza a un ano de cadea. Nesta causa procesaron a 64 persoas.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.