← Volver atrás

López Cao, Servando

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado

Nacemento:

As Pontes de García Rodríguez
(A Coruña)
- 01/01/1904 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

As Pontes de García Rodríguez
- 14/03/1981 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Industrial e político, 32 anos. Casou con María Enríquez Fuentes; tiveron dous fillos: Carlos e Javier-Servando. Veciños das Pontes de García Rodríguez. Emigrou a Cuba con 13 anos e regresou en 1928. Foi secretario de Xulgado en Laxe (A Coruña). Nas Pontes de García Rodríguez fundou a Sociedade Pompas Fúnebres e Galerías Cabero.

Militante da Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA); logo presidiu o Comité Local de Esquerda Republicana (ER) das Pontes de García Rodríguez. Concelleiro e nomeado alcalde en xuño de 1936, despois da destitución de José Vilaboy Pajón, do Partido Agrarista (PG).

En xullo de 1936 viaxou a Madrid coa delegación galega para entregar o Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG) ao presidente das Cortes españolas.

Depurado.

Despois do triunfo dos sublevados destituírono como alcalde.

Creou a empresa Mobilar.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha