Nacemento:
Morte:
Xastre, labrego e peixeiro, 31 anos. Veciño de Santo Antonio do Mazo.
Militante da CNT e membro da Sociedade de Labregos.
Fuxido. Encarcerado. Axustizado.
Prendérono os falanxistas pero foi quen de escapar.
Xulgado en consello de guerra en Ourense polo delito de auxilio á rebelión, na causa 910/38, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía segundo resolución do día 21/07/1938.
Tamén declararon fuxido neste proceso a José-María Díaz Marzábal.
Ao remate da guerra civil rendeuse ás autoridades franquistas e pasou polo cárcere do Barco de Valdeorras (Ourense).
Evadiuse da cadea cando os falanxistas quixeron asasinalo en Carucedo (León), gañou o monte gravemente ferido e converteuse nun delincuente solitario, con accións máis de bandido que de resistente, o que lle valeu que o buscaran tanto a Garda Civil como os propios guerrilleiros da Federación de Guerrillas de León-Galicia (FG), que decidiran eliminalo.
Procesárono polo delito de atraco nos anos 1942 e 1944.
A finais de novembro de 1945 matouno o pastor Pedro Fernández López, de 17 anos, nos montes de Gestoso, cando Antonio tentaba violar a dúas mozas amigas de Pedro, Celsa e Argentina; Celsa tamén morrería na acción, vítima dun tiro de Corchas.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.