← Volver atrás

López Gestal, Abelardo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado. Encarcerado

Nacemento:

A Coruña
- 01/01/1897 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Mecánico, + 39 anos. Veciño da Coruña. Empregado da Fábrica de Tabacos da Coruña.

Secretario do Sindicato da Industria do Tabaco, vencellada á CNT, e dirixente de La Unión Tabacalera. Socio do Centro de Estudos Sociais Germinal.

Depurado. Encarcerado.

Detido en xullo de 1937 a raíz dos sucesos que seguiron á coñecida como “Caída das Atochas”, operación da policía represora do día 10/07/1937 contra a Federación Anarquista Ibérica (FAI).

Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión co resultado de sentenza a 12 anos e un día de prisión.

Depurado do seu emprego na Fábrica de Tabacos da Coruña co resultado de cese o día 14/07/1937.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas da Coruña.

Interno na Prisión Provincial da Coruña, publicaron a súa liberdade condicional no BOE nº 187 do día 06/07/1941.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha