← Volver atrás

López Lois, Leopoldo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Maside
(Ourense)
- 01/01/1884 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Maside
- 08/06/1948 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Industrial e político, 52 anos. Casado; tiñan dous fillos: Manuel e Luis. Veciños de Maside. Era dono dun comercio na súa localidade.

Durante a II República foi alcalde de Maside desde 1931; destituído o día 16/01/1935, recuperou a alcaldía no ano 1936 despois do triunfo da coalición electoral da Fronte Popular (FP).

Encarcerado.

Arrestárono despois do alzamento rebelde e ingresárono na Prisión Central de Celanova (Ourense).

Xulgado en consello de guerra en Ourense polo delito de rebelión militar, na causa 1199/37, co resultado de sentenza á pena de morte.

Pena de morte conmutada pola de cadea perpetua.

Interno na Prisión Central de Celanova (Ourense).

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1941.

Interno na Prisión Provincial de Ourense, publicaron a súa liberdade condicional provisoria no BOE nº 280 do día 07/10/1943.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha