← Volver atrás

López López, Avelino

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido

Nacemento:

Bran, San Paio de Niñodaguia, Santiso
(A Coruña)
- 01/01/1907 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Santaia de Serantes, Santiso
- 24/08/1988 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre e político, 29 anos. Casou en 1935 con María-Rocío Mejuto Varela; tiveron seis fillos: Ramón, José-Luis, Gonzalo, Antonio, Manuel e Miguel. Fillo duns labregos pobres, puido estudar estudar por mor das bolsas e do seu traballo de linotipista; estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela (A Coruña).

Fuxido.

Cando se produce o golpe militar e na vista da persecución sobre os mestres, mantívose agochado unha tempada con outros membros da súa familia política, que eran socialistas.

Sofre un expediente de depuración no que non se atopou nada na súa contra.

Tivo que adaptarse á nova situación franquista, pasando desapercibido e axudando sen balbordos a quen o necesitaba e a certos fuxidos.

En agosto de 1936 era mestre interino de Melide (A Coruña), en 1943 de San Martiño de Sésamo, Culleredo (A Coruña). Pasou tamén por Santiago de Eidián, Agolada (Pontevedra) e, no 1952, trasladárono a San Xoán da Ponte de Arcediago, Santiso.

O gobernador civil da Coruña nomeouno alcalde de Santiso en 1952 e mantívose no cargo ata 1979.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha