← Volver atrás

López Penedo, José

Alcume: Liberto López
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Paredas, Santa Mariña da Cidá, O Irixo
(Ourense)
- 13/07/1915 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Barcelona
- 04/02/1950 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Albanel, 21 anos.

Militante da CNT.

Executado.

Durante a guerra civil loitou na Columna Durruti do exército republicano, logo 26ª División do XI Corpo de Exército do Exército do Este.

Ao remate da contenda española pasou a Francia, onde combate na resistencia francesa fronte aos nazis e logo pelexou como guerrilleiro antifranquista en Cataluña, na partida de Francesc Sabaté Llopart (Hospitalet de Llobregat, Barcelona); alí prendérono o día 09/03/1949, despois de resultar ferido nun enfrontamento coas forzas represoras, Sabaté puido fuxir.

Xulgado en consello de guerra en Barcelona o día 16/11/1949 co resultado de sentenza á pena de morte.

Fusilárono no Campo da Bota, en Barcelona.

Soterrado no cemiterio Fossar de la Pedrera, cemiterio de Montjuic, Barcelona.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha