← Volver atrás

López Pérez, Germán

Alcume: o Marulán
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

Betanzos
(A Coruña)
- 01/01/1904 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Pinar da Torre, Santa Mariña de Parada, Ordes
(A Coruña)
- 23/10/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Empregado, 32 anos. Casado con María Martínez Antón; tiñan dous fillos: María, de dous anos, e Antonio, de cinco meses. Veciños da 1ª Travesía de Santa María, 7, en Betanzos. Traballou como “consumeiro” ou inspector de Arbitrios Municipais en Betanzos.

Militante da CNT.

Apoderado da Fronte Popular (FP) nas eleccións de febreiro de 1936.

Paseado.

Fórono buscar os represores de noite á súa casa.

Morte rexistrada no Pinar da Torre, no quilómetro 1,9 da estrada Ordes-Carballo, por mor de traumatismo cranial por proxectís de arma curta de fogo.

O seu cadáver apareceu barbaramente mutilado en Pinar da Torre.

Soterrárono no cemiterio de Ordes.

A súa familia tardou tempo en saber da súa morte e circunstancias. Inscribírono en Ordes como descoñecido. Identificado no ano 1942.

Paseado con Francisco Barreiro Permuy, o Paraugueiro, militante do PCE, circunstancia que a súa familia descoñecía.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha