← Volver atrás

López Rivadulla, Primo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Vila de Cruces
(Pontevedra)
- 01/01/1910 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Pontevedra
(Pontevedra)
- 26/01/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Funcionario e político, 26 anos. Veciño de San Xoán de Carbia (concello en 1936 e hoxe pertencente a Vila de Cruces). Secretario xudicial, funcionario do Concello de Carbia (hoxe Vila de Cruces).

Secretario de Esquerda Republicana (ER) e da Fronte Popular (FP) en Carbia. Tamén foi delegado gobernativo na súa localidade.

Executado.

Cando se produce o golpe militar rebelde ocultouse en Santiago de Compostela (A Coruña), onde o localizaron e o detivo a Garda Civil de Vila de Cruces o día 15/08/1936; trasladárono á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra), na agarda de xuízo. No interrogatorio os franquistas acadaron datos que conduciron á detención doutros fronte-populistas que eran veciños seus.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra polo delito de rebelión militar o día 09/01/1937, na causa 1382/36, co resultado de sentenza á pena de morte. Neste proceso xulgaron a outros 17 republicanos veciños de Carbia.

Fusilaron en Monte Porreiro, Santa María de Mourente, Pontevedra (Pontevedra), ás 17:30 h, os veciños e militantes de ER de Carbia: Eduardo Brea Cajide, labrego; Antonio Gómez López, empregado; Primo López Rivadulla, funcionario, e Manuel Sarmiento Debén, xastre.

Morte rexistrada en Pontevedra por mor dunha hemorraxia interna.

A Primo López acusárono de ser o “principal dirixente do movemento revolucionario” en Carbia.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha