Nacemento:
Morte:
Mestre e político, 25 anos. Casou no ano 1933 con Irene Blanco Adán; tiveron unha filla: María del Carmen. Veciños de Santiago de Pardesoa, Forcarei. Veciños de Forcarei. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra e rematou no ano 1929. Mestre interino de Santa Cristina de Valeixe, A Cañiza (Pontevedra) en novembro de 1931; en maio de 1933 destinárono a Cernadelo, San Miguel de Presqueiras, Forcarei. Mestre nacional de Pardesoa desde novembro de 1934.
Militante do PSOE e da Asociación de Traballadores da Ensinanza de Vigo (ATEV), da UXT, desde marzo de 1934.
Colaborou con Escuela Vivida.
Depurado.
Arrestado polos rebeldes, sen procesamento xudicial, en Cerdedo (Pontevedra), pasou uns nove meses na cadea de Cerdedo e na Escola Normal de Pontevedra. Destruíron a súa biblioteca.
Ábreselle un expediente de depuración co resultado de suspensión de emprego e soldo e baixa na escala de mestres a finais de agosto de 1936. Dérono de baixa na escala de mestres o 11/05/1940.
Retornado ao maxisterio privado en Soutelo de Montes (Pontevedra) no ano 1941, os mestres falanxistas fixéronlle a vida imposible.
Veuse implicado en setembro de 1948 na caída do PCE, prendérono e trasladárono ao cuartel da Garda Civil de Lalín (Pontevedra).
O crego Silva Ferreiro, filofascista, cualificouno de “apóstol de cuño marxista e formación revolucionara”.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.