Nacemento:
Morte:
Tiña 9 anos. Veciña de Sobrado (León). Filla de Alpidia García Moral, Maruxa, morta en enfrontamento.
Encarcerada.
Despois do alzamento os fascistas queiman a casa familiar e asasinan ao seu pai, José Losada Granja, e a un irmán en outubro de 1936; a familia comeza a colaborar coa guerrilla e a súa nai tivo que botarse ao monte cos maquis pola presión das forzas represoras despois dos sucesos de outubro de 1943, cando acubillaban a varios fuxidos e nos que morreron dous membros da Garda Civil. Ángela presentouse ao día seguinte no cuartel da Garda Civil e deixárona en liberdade por ser menor de idade.
Ángela converteuse na xefa de familia sendo moi nova e foi enlace da guerrilla antifranquista.
Cando só contaba 18 anos prendérona os rebeldes.
Xulgada en consello de guerra en León polo delito de auxilio á rebelión, na causa 572/43, co resultado de sentenza a 12 anos de prisión. Pena conmutada pola de oito anos.
Torturárona moralmente dicíndolle que sería liberada se a súa nai se entregaba.
Ingresada na prisión no ano 1945, pasou case que seis anos presa e retivérona nas cadeas de León, Amorebieta (Biscaia) e Segovia. Puxérona en liberdade en 1949, despois de que os represores asasinaran á súa nai.
Cando saíu da cadea casou con Eulogio Lindoso Arias e tiveron dous fillos: José e Julio-César.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.