Nacemento:
Morte:
Funcionario, militar e político, 32 anos. Casado. Veciños de Madrid. Empregado de banca por oposición desde o ano 1926. Traballou na sucursal do Banco de España en Ourense, desde onde o destinaron a Santiago de Compostela (A Coruña). A finais do ano 1932 trasladárono a Madrid.
Colaborou con La Zarpa e traballou como redactor de Galicia Federal.
Presidente do Centro Republicano Federal de Esquerda Galega (EG) en Santiago de Compostela. Membro do Sindicato de Banca, da UXT, desde o ano 1931.
Despois de participar na folga xeral revolucionaria de outubro de 1934, despedírono do Banco de España e en 1935 estivo no exilio en Rusia. Readmitírono despois do triunfo da Fronte Popular (FP).
Á súa volta instalouse en Madrid e militou na Agrupación Socialista (AS) madrileña desde 1934.
Encarcerado. Exiliado.
Cando se produce o golpe de Estado incorporouse ás milicias republicanas e en agosto de 1936 era o comandante do 12º Batallón Largo Caballero, 32ª Brigada Mixta, 2ª División do I Corpo de Exército do Exército do Centro, co grao de maior e combateu nas frontes de Madrid e de Brunete, onde o feriron. O día 01/09/1937 nomeárono xefe da 34ª Brigada Mixta, 3ª División do mesmo corpo de Exército. En agosto de 1938 designárono xefe da 48ª Brigada Mixta, 15ª División do Exército de Maniobra en Levante, para actuar na fronte valenciana. En xaneiro de 1939 propuxérono para o mando da División do Exército de Levante.
No decorrer da guerra civil pasou a militar no PCE e, desde marzo de 1938, foi conselleiro do Banco de España.
Capturado polas tropas fascistas o día 02/04/1939.
Xulgado en consello de guerra en Alcalá de Henares (Madrid), o día 06/09/1939, polo delito de adhesión á rebelión co resultado de sentenza á pena de morte, pena que lle conmutaron pola de cadea perpetua.
Preso en Alcalá de Henares (1939), San Cristóbal, Pamplona (20/12/1939), Figueirido (de 06/08/1940 a xuño de 1943), Ourense (de xuño a setembro de 1943) e Burgos (de setembro de 1943 a marzo de 1944); desta cadea saíu no réxime de liberdade vixiada en marzo de 1944.
Marchou entón a Ourense, onde traballou na reorganización do PSOE e representou á Alianza Nacional de Forzas Democráticas (ANFD). Prendérono os rebeldes o día 31/01/1945.
Xulgado no Tribunal Militar Territorial da Coruña por actuacións subversivas, na causa 314/45, co resultado de sentenza a 16 meses de prisión.
Volve ingresar na cadea en febreiro de 1945, pasando polas prisións de Ourense e da Coruña.
Puxérono en liberdade condicional o 06/07/1946. Estivo en Madrid en actividades clandestinas e, diante do risco de volver á cadea, marchou a Portugal, chegando a Lisboa o 18/11/1946.
O día 18/01/1947 embarcou no Mirandela cara Estados Unidos, desde onde pasou no mes de novembro dese ano a México; alí refixo a súa vida. Neste país centro-americano finou nun accidente de coche.
Procesárono en Madrid por responsabilidades políticas.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.