← Volver atrás

Marcos Rodríguez, Eladio

Alcume: Marcos da Abeleda
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado. Exiliado

Nacemento:

San Martiño de Doade, Sober
(Lugo)
- 21/12/1908 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ourense
- 14/07/2000 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre, pintor e escritor, 27 anos. Casado con Josefa Priedes, Fina (Cangas de Onís, Principado de Asturias), ao remate da guerra civil. Irmán de Vicente Marcos Rodríguez, encarcerado.

Eladio quedou orfo aos tres meses e criouno na Abeleda a avoa materna. Un tío médico en Cuba pagou os seus estudos. Estudou a carreira de Maxisterio e desenvolveuse como mestre nacional de Santa Tegra de Abeleda, Castro Caldelas (Ourense).

Varios dos seus poemas publicáronse en Vida Gallega, La Región ou Faro de Vigo.

Depurado. Exiliado.

Despois do golpe militar destituírono do seu cargo de mestre no ano 1936 e, pola súa experiencia como sarxento na guerra de África, os rebeldes destinárono como instrutor de recrutas a Ourense.

Case que ao remate da guerra civil, cando o destinaron ao Principado de Asturias, coñeceu alí á que logo sería a súa dona, que acababa de saír da cadea.

Coa súa muller montou unha academia en Monforte de Lemos (Lugo), que lles pecharon por orde gobernativa no ano 1948.

En xaneiro de 1949 exiliáronse en Bos Aires (República Arxentina), onde chegaron a bordo do buque Buena Esperanza; neste país no que adicouse á pintura.

Volveron a Galicia no ano 1975 e rehabilitárono para o ensino.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha