← Volver atrás

Mariño Lago, Marcelino

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado. Encarcerado

Nacemento:

Santa Mariña de Cabral, Vigo
(Pontevedra)
- 22/12/1917 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Mariñeiro, 18 anos. Solteiro. Mariño da Armada, mariñeiro no cruceiro lixeiro Libertad.

Exiliado. Encarcerado.

Ao seu pai asasinárono os falanxistas en San Pedro da Ramallosa, Nigrán (Pontevedra) en novembro de 1936.

Marcelino loitou no decorrer da guerra civil no bando republicano, no buque insignia da Armada republicana Libertad.

Despois da derrota republicana estivo no exilio en Francia, onde se une á resistencia francesa contra a invasión nazi e prendérono os alemáns.

Preso dos nazis no campo de Estrasburgo stalag V-D (Gran Este, Francia). Trasladado ao campo de exterminio de Mauthausen (Austria) o día 13/12/1940 e ao sub-campo de Gusen (Austria) o día 17/02/1941.

Liberado de Mauthausen pola XI División Blindada de EEUU o día 05/05/1945.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha