← Volver atrás

Mariño Vidal, Adolfo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Porto do Son
(A Coruña)
- 23/06/1898 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Mariñeiro, 38 anos. Casado. Veciño de Porto do Son. Tripulante do vapor de carga Itxas Alde.

Militante da CNT. Dirixente da Sociedade de Pescadores de Porto do Son.

Encarcerado.

Ao Itxas Alde embargouno o Goberno vasco en novembro de 1936 e, o día 20/05/1937, capturouno o cruceiro lixeiro dos sublevados Almirante Cervera á entrada de Bilbao (Biscaia).

Xulgado en consello de guerra en Donostia (Guipúscoa) polo delito de adhesión á rebelión co resultado de sentenza a 20 anos de prisión.

Neste proceso enxuizaron e absolveron a: Antonio-María Basanta García, carpinteiro; Juan Camaño Rama, mariñeiro; José-María Freire Sánchez, mariñeiro; Juan Martínez González, caldeireiro; Benito Olbeira García, mariñeiro; Francisco Rodríguez Rodríguez, fogueiro; José Sánchez Pérez, mariñeiro; Leonardo Segade Fernández, mariñeiro, e Antonio Treus García, mariñeiro. Condenaron a 20 anos de cadea o mariñeiro Adolfo Mariño Vidal.

Ingresado no penal do Forte de San Cristóbal, Pamplona (Navarra) o día 25/04/1938.

Trasladado á Prisión Central de Orduña (Biscaia) o 26/10/1939. Publicaron a súa liberdade condicional cando estaba nesta cadea no BOE nº 129 do día 09/05/1941.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1943.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha