Nacemento:
Morte:
Mestre e político, 39 anos. Casou con Teresa Vázquez; tiñan unha filla e dous fillos: María del Rosario, Gonzalo e Carlos. Veciños de Ourense. Profesor da Academia preparatoria do Instituto de Pontevedra.
Militante da Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA), da Federación Republicana Galega (FRG) e, co tempo, de Esquerda Republicana (ER). Na II República elixírono alcalde de Marín (Pontevedra) nas eleccións de 1931. Nomeárono gobernador civil de Ourense en 1936, onde tivo como asesor a Eduardo París Villar.
Membro da masonería do Triángulo Solón de Marín.
Executado. Depurado.
Cando se produce o golpe militar negouse a repartir armas ás organizacións obreiras, tal como estas lle demandaban. O día 20 de xullo os militares sublevados saíron ás rúas e tomaron o Goberno Civil ás 14:00 h e leron o bando declarativo do estado de guerra. Martín March conseguiu fuxir a Pontevedra, onde o detiveron e encarceraron no centro onde fora profesor.
Xulgado en consello de guerra sumarísimo no Paraninfo do Instituto de Ourense o 10/09/1936 polo delito de traizón coa agravante de perversidade, na causa 428/36, co resultado de sentenza á pena de morte.
O fiscal militar era Hernán Martín-Barbadillo Pául, que pediu a pena de morte e 100.000 pesetas de multa.
Ao longo do proceso declarou ser o responsable de todo o que pasara en Ourense para evitar o triunfo dos rebeldes.
Negouse a recibir os auxilios relixiosos e fusilárono con dous civís no Campo de Aragón do Cuartel de San Francisco, en Ourense.
Abríronlle un expediente de depuración como mestre.
Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1941.
No ano 1940 xulgouno o Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.