← Volver atrás

Martínez Biel, Josefina

Alcume: Pepita, a Dentista
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerada

Nacemento:

Madrid
(Madrid)
- 01/01/1901 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Xinzo de Limia
(Ourense)

Biografía

Semella que mecánica dental, 35 anos. Solteira. Veciña da rúa do Progreso, 37, en Xinzo de Limia (Ourense). O seu pai e un irmán eran médicos odontólogos. Irmá de Roberto Martínez Biel, tamén encarcerado. Axudante e auxiliar de odontólogo.

Militante de partidos das esquerdas segundo os informes dos represores.

Encarcerada.

Prendérona os franquistas na Rúa (Ourense), onde traballaba, a principios da guerra civil.

Acusada de prestar servizos de dentista a fuxidos e enlaces da guerrilla na zona de Pobra do Brollón, Quiroga e Monforte de Lemos, volveron prendela os franquistas en Lugo en setembro de 1949.

Xulgada en consello de guerra en Lugo en marzo de 1949 polo delito de “auxilio a bandoleros”, na causa 318/49, co resultado de sentenza a seis meses e un día de prisión.

Pénsase que lle prestara auxilio como dentista a dous guerrilleiros antifranquistas e a enlaces da zona da Pobra do Brollón (Lugo).

Ingresárona na Prisión Provincial de Lugo, da que saíu en liberdade o día 20 de abril de 1950.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha