← Volver atrás

Martínez Cinza, Josefina

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerada. Exiliada

Nacemento:

Santa Mariña de Sillobre, Fene
(A Coruña)
- 07/06/1910 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Sillobre
- 19/10/1989 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Casou a primeiros de 1936 co mariño e político David Fernández Dopico, exiliado; tiñan un filla. O seu home era mariño da Armada, alumno auxiliar de artillería no destrutor Churruca e un afeccionado da fotografía, que tomou fotos da fuga da Armada republicana desde Cartagena (Murcia); era ademais militante do PCE.

Encarcerada. Exiliada.

David fixo a guerra civil na Armada republicana e ao remate da contenda española foxe a Tunes desde Cartagena; en Tunes destinárono a varias compañías de traballo en varios campos de concentración e no ano 1941 estaba no campo de concentración de Khenchela (Alxeria); retorna a Galicia no ano 1974.

No ano 1947 a Garda Civil prendeu a Josefina e levárona ao cuartel de Xuvia; mantivérona retida durante un mes, con interrogatorios e tratos brutais. Logo pasou outros seis meses na cadea.

No decurso de 1949 marcha cara Barcelona e escapou clandestinamente cara Francia coa súa filla maior. O día 15/10/1949 embarcaron as dúas cara Orán (Alxeria).

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha