← Volver atrás

Martínez de Arellano Romero, Antonio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

A Coruña
(A Coruña)
- 11/03/1888 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido
- 01/01/1971 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar, 48 anos. Oficial de Artillería da promoción de 1910; en 1916 era capitán e comandante en 1926 con destino nas fábricas de armas de Trubia e Oviedo, no Principado de Asturias, ata o ano 1935. Deseñador de varios canóns, dun fusil semiautomático, varias melloras de armamento, cascos militares...

Encarcerado.

O comezo da guerra colleuno en Carabanchel (Madrid) coas probas dun novo canón da súa creación. Os republicanos nomeárono director da fábrica de armas de Valencia e, semella, que das de Barcelona.

Ao remate da contenda española prendérono os franquistas e internárono no Castelo de Montjuic, Barcelona.

Xulgado en consello de guerra no Tribunal Militar Territorial nº 3, na causa 171/39, e condenado a catro anos de prisión menor.

Pena ordinaria conmutada pola Comisión Provincial de Exame de Penas de Barcelona.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha