Nacemento:
Morte:
Ferroviario, 42 anos. Solteiro. Veciño da Avenida Calvo Sotelo, 37, en Monforte de Lemos (Lugo). Factor ferroviario da Compañía Nacional de los Ferrocarriles del Oeste desde xuño de 1912.
Tesoureiro do Sindicato Nacional Ferroviario Zona 3ª no ano 1929, vencellado á UXT. Presidente da Agrupación Socialista (AS) da súa localidade de 1930 a 1934 e concelleiro de Monforte de Lemos no ano 1931 polos socialistas e de novo concelleiro no ano 1936 pola coalición da Fronte Popular (FP).
Expedientado no seu traballo de setembro de 1934 a abril de 1935.
Fuxido. Encarcerado. Depurado.
Cando se produce o golpe militar agochouse na casa dunha familia afecta ao franquismo, manténdose acubillado durante toda a guerra civil.
Prendérono os sediciosos ao remate da contenda española.
Ingresado no cárcere de Monforte de Lemos o día 28/08/1936 e trasladado á Prisión Provincial de Lugo.
Xulgado en consello de guerra en Lugo por roubo de armas e explosivos e na investigación de conduta, na causa 121/36, co resultado de sentenza de sobresemento. Proceso contra varios veciños de Monforte de Lemos.
Condenaron a prisión temporal neste xuízo a Segundo Martínez Arquero. O auto ditou o sobresemento para: Manuel Martínez Álvarez e Evaristo Martínez del Sar. A sentenza declarou fuxido a Manuel Fernández García.
Puxérono en liberdade o día 06/03/1940.
Depurado do seu posto de traballo en abril de 1942; readmitírono en xuño de 1953 e destinárono a Xaén; xubilouse no ano 1960.
Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1960.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.